Historia e Obxetivos

A ASOCIACION CULTURAL DE CLÁSICOS POPULARES BAIXO MIÑO vén funcionando dende o ano 2000 con actividades e concentracións. No ano 2004 constitúese en Asociación legalmente constituída, inscrita no Censo galego de asociacións culturais e pertence á FEVA co nº 202.

Na actualidade somos 100 socios (de toda a Comunidade galega e Portugal) cunha efectividade do 82%. Temos un censo de ao redor de 200 vehículos históricos. A nosa participación en eventos locais e con outras asociacións está espallada por toda Galicia, Portugal e algúns lugares da Península.

Entre os logros más salientables está a recuperación de vehículos “achatarrables”, seguros económicos, a consecución de exención de impostos o 100% e un nº bastante alto de coches con matrícula histórica.

A cor azul con trisquel laureado de tres brazos é o noso símbolo (en representación da cultura castrexa do Baixo Miño e a roda  trunfante da revolución automotriz). O polo azul con escudo branco é o noso distintivo nas participacións  en eventos.
1. Promocionar, de maneira específica, o amor polo  automóbil clasico e antigo e a súa recuperación.

2. Promover ante entidades oficiais as accións oportunas a fin de que se recoñeza e se valore o automóbil clásico elemento significativo dunha época na historia automobilística de España.

3. Traballar na divulgación e coñecemento do automóbil clásico popular.

4. Conseguir os recursos económicos necesarios para organizar distintas concentracións, paseos ou exposicións automobilísticas

5. Colaborar con outras entidades afíns naquelas actividades programadas sen ánimo de lucro.

6. Preparación de documentación para vehículos históricos e as súas documentacións.

7. Asesoramento e comunicación ós socios en todo o referente ós vehículos, así como as tramitacións documentais.

8. En xeral, o desenvolvemento de cantas actividades encaixen no propio espirito da Asociación e que conleven a acadar os obxectivos propostos

Ningún comentario:

Publicar un comentario